15/07/2011

Os salarios dos nosos concelleiros

Tod@s os cidadáns deste país estamos a padecer os consecuencias da famosa "CRISE".

¿Tod@s?

Os salarios dos nosos concelleiros

O pasado dia 11 de Xullo decidiuse outorgarlles os seguintes salarios a corporación municipal:


  • Alcalde: 49.000€ anuais (algo mais de 4000€/mes)
  • Concelleiros con dedicación exclusiva (2 concelleiros): 28.000€ anuais (aprox. 2300€/mes)
  • Concelleiros con dedicación parcial (3 do grupo de goberno e 1 de cada grupo opositor): 17.500€ (aprox.1500€/mes)

A isto habería que sumarlle:

  • 75€ por asistir as xuntas de goberno.
  • 50€ por asistir as comisións informativas.
  • 120€ por cada pleno.

Ademais cada grupo terá unha asignación fixa de 200€ e cada edil 50€ (este dato viña na prensa pero non se especificaba o porqué).


Isto nun concello onde a maioría dos seus empregados todavia esperan a famosa RPT (Relación de Postos de Traballo) coa que poder aumentar os seus salarios o polo menos ter consolidado seu posto,xa que a media salarial dos traballadores municipais non chega os 1000€.

De tódolos xeitos o mellor non deberiamos queixarnos xa que coma ben dixo Novoa (voceiro do PP) no ultimo pleno:
"A ver si nos dejamos de demagogias, cobramos 1500€, ¿que quereis que cobremos 700€ como un trabajador cualquiera?".

Salario Mínimo Interprofesional para á Cámara Municipal 
¿Paréceche xusto o non?

A nos coma "traballadores e traballadoras calqueras" NON!

Ven debater con nós deste e doutros temas relacionados co noso Concello o vindeiro:


Venres 22 de Xullo as 21:00h na sala multiusos do auditorio Reveriano Soutullo

09/07/2011

Pleno extraordinario no Concello.

Luns, 11 de xullo, ás 10:00h

SOBRE OS SALARIOS DOS REPRESENTANTES MUNICIPAIS

Entendemos que o alcalde debera ser un dos políticos mais próximo aos seus veciños.
Mais non é así, xa que é o mais afastado no que as súas retribucións se refire, posto que se comparamos o seu salario co soldo medio dos habitantes do seu municipio chegaremos á conclusión de que non pode sentirse próximo á poboación porque o seu salario marca unha grande diferenza.
Para evitar esta situación entendemos que seu salario por hora de adicación ás diferentes responsabilidades municipais debera equipararse ao salario medio por hora do concello, tratando deste xeito de rebaixar o gasto público e lograr ao tempo un achegamento da situación dos dirixentes ás das masas.
Cuestións tan necesarias nos tempos que corren.

Salario medio Pontevedra : 18.000 € brutos /ano.
Salario do alcalde: 55.000 € brutos/ano.

15/06/2011

Pacto do €uro traducido

O próximo 27 de xuño ratifícase en Bruxelas o próximo gran atraco socioeconómico de alcance internacional, o chamado Pacto do Euro, polo cal os políticos do noso continente ponse de acordo para lexislar o que o Fondo Monetario Internacional, o Banco Central Europeo e o Banco Mundial ordénanlles. En caso de non cumprir estas ordes ou de facelo con demora, xa sabemos que Moody´s, Standard & Poor´s o Fitch (as axencias de cualificación que levaron a Grecia, Irlanda ou Portugal á ruína) esperan con ansiedade para comezar o seu ataque. Trátase de seguir coa destrución do sector público e profundar na perda de dereitos do asalariado. A pesar do difícil que resulta acceder á información sobre o seu contido, logo de buscar e contrastar, o máis relevante vén ser:

  1. - A fixación dos salarios no sector público debe estar en consonancia cos esforzos de competitividade do sector privado. [É dicir: novo recorte ao sector público, que debe ofrecer os mesmos beneficios que os salarios irrisorios e xornadas laborais de 50h. semanais ou máis do sector privado].
  2. - A formulación exacta da norma será decidida por cada país pero debería garantir a disciplina fiscal tanto a nivel nacional como subnacional. [Teñen que cambiar vostedes a súa leis porque así o esixen o FMI, o BCE e o BM].
  3. - Aliñamento dos sistemas de pensións coa situación demográfica nacional, por exemplo aliñando a idade da pensión coa esperanza de vida. [Quen non quería xubilarse aos 67? Ok... Estudaremos se pode ser aos 70...]
  4. - Fomento da competitividade. Coa vinculación de salarios e produtividade, principio sobre o que o presidente español, José Luís Rodríguez Zapatero, mostrouse de acordo. [Fomento de xornadas de 12h. de traballo ao día por 900 € ao mes, ou similares. De aí a última reforma laboral española que avoga por flexibilizar despedimentos, convenios e contratos].
  5. - Impulso ao emprego. Os líderes expoñen unha rebaixa da fiscalidade para incentivar a contratación de traballadores e formación permanente. [Impulso ao despedimento barato e as ETT. Os líderes (bancos internacionais) expoñen ir demolendo o sistema da Seguridade Social, estudando a introdución da figura do bolseiro perpetuo].
  6. - Finanzas públicas. Contribuír á sustentabilidade con reformas nos sistemas de pensións e de protección social. [Conxelación das pensións e próxima disfunción nos programas de asistencia social].
  7. - Estabilidade financeira. Reforzo e especial atención á coordinación das políticas fiscais e loita contra a fraude. [Como non falamos de paraísos fiscais nin evasión de impostos, xa sabe: aumento dos impostos directos e indirectos, e como non pague, lle breamos a multas, intereses e comisións].
  8. - Control do déficit. Os líderes acordan introducir límites ao déficit na Constitución ou nas leis nacionais. [Quizá a máis importante. O FMI, o BCE e o BM, van cambiar a Constitución e as leis de cada país, segundo convéñalles. Seguinte parada: como non pagues, ao trullo].