Tod@s os cidadáns deste país estamos a padecer os consecuencias da famosa "CRISE".
¿Tod@s?
Os salarios dos nosos concelleiros
O pasado dia 11 de Xullo decidiuse outorgarlles os seguintes salarios a corporación municipal:
- Alcalde: 49.000€ anuais (algo mais de 4000€/mes)
- Concelleiros con dedicación exclusiva (2 concelleiros): 28.000€ anuais (aprox. 2300€/mes)
- Concelleiros con dedicación parcial (3 do grupo de goberno e 1 de cada grupo opositor): 17.500€ (aprox.1500€/mes)
A isto habería que sumarlle:
- 75€ por asistir as xuntas de goberno.
- 50€ por asistir as comisións informativas.
- 120€ por cada pleno.
Ademais cada grupo terá unha asignación fixa de 200€ e cada edil 50€ (este dato viña na prensa pero non se especificaba o porqué).
Isto nun concello onde a maioría dos seus empregados todavia esperan a famosa RPT (Relación de Postos de Traballo) coa que poder aumentar os seus salarios o polo menos ter consolidado seu posto,xa que a media salarial dos traballadores municipais non chega os 1000€.
De tódolos xeitos o mellor non deberiamos queixarnos xa que coma ben dixo Novoa (voceiro do PP) no ultimo pleno:
"A ver si nos dejamos de demagogias, cobramos 1500€, ¿que quereis que cobremos 700€ como un trabajador cualquiera?".
Salario Mínimo Interprofesional para á Cámara Municipal |
¿Paréceche xusto o non?
A nos coma "traballadores e traballadoras calqueras" NON!
Ven debater con nós deste e doutros temas relacionados co noso Concello o vindeiro:
Venres 22 de Xullo as 21:00h na sala multiusos do auditorio Reveriano Soutullo
Sem comentários:
Enviar um comentário